Sunday 28 de April de 2024

Maniños recupera este domingo a Romaría do Pote


A Romaría do Pote e o Festipote, en Maniños, eran antes da pandemia cita obrigada no calendario estival. A entidade promotora, a ACRD O Pote, leva desde finais de 2021 recuperando o pulso cultural da parroquia con múltiples actividades -Facer Memoria con Paula Carballeira, un Entroido a primeiros de abril, as Letras Galegas, a sardiñada do San Xoán, a Festa da Ameixa…- e agora chégalle a quenda á súa tradicional romaxe das merendadas e a música, que se celebrará este domingo 28 de agosto.

Desde a entidade convidan a degustar mexillóns desde as 12:30h e a buscar un recuncho para xantar e pasar a xornada, que nesa primeira parte do día estará animada polo grupo Os Xotas.

Como viña sendo habitual, o serán e a noite estarán dedicados á música galega coa actuación de Tanto nos ten, de Tiruleque e, como peche, da Mekánika Rolling Band.

A asociación cultural conta con apoio do Concello de Fene e da Deputación da Coruña para organizar o evento, que promete ser ben animado e concorrido trala pausa obrigada de 2020 e 2021.